E chegou o baloncesto. Noraboa a Nova Zelanda. Toda unha mestra en meter a pelota no aro. Aqui tedes a nova clasificación.
xoves, 27 de outubro de 2022
xoves, 20 de outubro de 2022
3ª XORNADA_Encesta a bola!!!
Hoxe en "Encesta a Bola" pasámolo xenial. Unha maneira de xogar ao pingpong un tanto especial pero foi divertido igualmente!
xoves, 13 de outubro de 2022
2ª XORNADA_Bolos!!!
Hoxe toca xogar os bolos. Bueno!!! Máis ben aos botes de deterxente. E que hai que reciclar, sabiades? Porque se non imos rematar enchendo o planeta de lixo. A cousa non está para tirar foguetes, así que mellor será que lle prestemos máis atención ás tres R:
REDUCIR, REUTILIZAR e RECICLAR
Así quedou a clasificación. Parabéns a Nova Zelanda!!!
luns, 10 de outubro de 2022
Video de Inauguración
Aquí tedes o video de inauguración dos Xoves Olímpicos 2022-2023. Clicádelle aí, non ten desperdicio!!!😊😊😊
venres, 7 de outubro de 2022
1ª XORNADA_Mete a bola na casiña!!!
Nesta primeira xornada xogamos a meter boliñas na súa casiña. Había que facelo "a cegas". Cousa difícil. Logo de tirar bolas e máis bolas a cousa quedou así!
mércores, 5 de outubro de 2022
Inauguración dos XOVES OLÍMPICOS 2022-2023
Comeza un novo curso e tamén unha nova tempada de XOVES OLÍMPICOS. Logo destes anos de pandemia voltamos con forza e moitas gañas de xogar.
ATENCIÓN!!! Aquí tedes os equipos deste ano. A cousa promete amig@s!!! Yupiiii!!!