xoves, 27 de xuño de 2019

Fotos resumo do 2018-2019

Aquí tedes unha pequena sesión de fotos resumo dos xogos que fixemos este ano. Non perdades detalle!!!

https://photos.app.goo.gl/wYoReeNUQ573oJJk9

Clasificación final

A continuación deixámosvos o resultado do 3º Trimestre. Noraboa a Illas Salomón!!!




Xoves Olímpicos 2018-2019

Unha vez máis repetimos a experiencia dos Xoves Olímpicos (enmarcados dentro do Plan Proxecta), xa que ademáis de divertidos, consideramos que é unha actividade da que podemos sacar moitísimos beneficios.
Durante todos os xoves do curso e de 1º a 6º, realizamos uns xogos por equipos de tal xeito que cada equipo contiña, aló menos, un rapaz/a de cada curso máis un mestre/a ou conserxe. O sistema de competición foi de LIGA (todos contra todos). Os países escollidos foron illas do mar Caribe.