mércores, 20 de xuño de 2018
FINAL DE TEMPADA
E chegamos ao final. Aprendemos xogos novos, fixemos deporte e sobre todo... PASÁMOLO XENIAL!!! Nos vos perdades este video resumo do que foron os Xoves Olímpicos 2017-2018. Ata o vindeiro ano!!
Clasificación Final do 3º Trimestre
E velaquí tedes a Clasificación Final do 3º Trimestre. Todo apuntaba a que Sheychelles ía subir ao podio, pois tiña un equipazo de luxo. Moi ben tamén por Arabia! Noraboa aos dous!!!
martes, 3 de abril de 2018
Recta final! Equipos para o 3º Trimestre
Xa chegamos a recta final dos Xoves Olímpicos! Se no outro trimestre tiñamos nomes de países raros, desta vez xa non vos digo nada. Como mola!
xoves, 8 de marzo de 2018
Clasificación Final do 2º Trimestre
Buahhh!!! Desta vez a cousa estivo moi, moi igualada. Houbo empate entre Noruega e Antigua e Barbuda. Así e todo, Noruega acadou mellores resultados nos xogos e por iso houbo que darlle o primeiro posto. Noraboa!
martes, 9 de xaneiro de 2018
Equipos para o 2º Trimestre
Xa temos os novos equipos. Nesta ocasión aproveitamos para coñecer países que non sabiamos nin que existían. Arrea!!! Éche ben grande o mundo!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)