xoves, 8 de marzo de 2018

Clasificación Final do 2º Trimestre

Buahhh!!! Desta vez a cousa estivo moi, moi igualada. Houbo empate entre Noruega e Antigua e Barbuda. Así e todo, Noruega acadou mellores resultados nos xogos e por iso houbo que darlle o primeiro posto. Noraboa!

martes, 9 de xaneiro de 2018

Equipos para o 2º Trimestre

Xa temos os novos equipos. Nesta ocasión aproveitamos para coñecer países que non sabiamos nin que existían. Arrea!!! Éche ben grande o mundo!

xoves, 21 de decembro de 2017

Rematamos os Xogos!

E aquí temos unha montaxe fotográfica dos "Xoves Olímpicos" feita polo alumnado de 6º. Grazas Aroa, Paula, Tatiana, Carla, Mateo, Nacho, Pablo e Alejandro!!!

xoves, 14 de decembro de 2017

Clasificación Final do 1º Trimestre

E esta é a clasificación final dos XOVES OLÍMPICOS 2017-2018 do 1º Trimestre. Parece que Brasil este ano empezou con forza, e EE.UU andívolle cerca...uffff!!!

martes, 21 de novembro de 2017

Clasificación

Esta é a clasificación logo da xornada de baloncesto. Atención a Francia, Brasil e EE.UU. Prometen!!


E para a próxima toca Brilé.

martes, 14 de novembro de 2017

Clasificación xeral

E así vai a clasificación xeral dos XOVES OLÍMPICOS nesta primeira xornada. Parece que Francia este ano ven con sede de victoria. Isto promete rapaces!!!

COMEZAN OS XOVES OLÍMPICOS 2017-2018

ATENCIÓN NENOS E NEN@S! Estamos a piques de comezar cos XOVES OLÍMPICOS deste curso. Como sabedes, están compostos por alumnos e mestres de distintos cursos.
Adiantámosvos a composición dos equipos.

martes, 27 de xuño de 2017

REMATAMOS!!!


Rematamos o curso e un novo trimestre de Xoves Olímpicos coa entrega de premios. Novamente con moita  variedade de xogos coma relevos, tiros libres, dardos...e sobre todo con moita diversión e implicación por parte dos alumnos e profesores. 
Un ano máis podemos dicir que os Xoves Olímpicos foron un gran éxito, e que con eles non só nos divertimos, tamén vemos como os nosos alumnos aprenden a respetarse, axudarse uns a outros e a ocupar o seu tempo libre de maneira activa.
Agardamos o próximo curso con emoción!!



luns, 17 de abril de 2017