xoves, 3 de novembro de 2022

5ª XORNADA_O pratillo voador!!!

 Que ben se lle da aos nen@a de A Silva lanzar o pratillo! Con que destreza! Desta vez había que atinarlle a uns conos lanzandolle pratillos. Atención! Os conos máis pequenos e rebeldes puntuan máis.

xoves, 27 de outubro de 2022

4ª XORNADA_Baloncesto!!!

 E chegou o baloncesto. Noraboa a Nova Zelanda. Toda unha mestra en meter a pelota no aro. Aqui tedes a nova clasificación. 

xoves, 20 de outubro de 2022

3ª XORNADA_Encesta a bola!!!

 Hoxe en "Encesta a Bola" pasámolo xenial. Unha maneira de xogar ao pingpong un tanto especial pero foi divertido igualmente!

xoves, 13 de outubro de 2022

2ª XORNADA_Bolos!!!

Hoxe toca xogar os bolos. Bueno!!! Máis ben aos botes de deterxente. E que hai que reciclar, sabiades? Porque se non imos rematar enchendo o planeta de lixo. A cousa non está para tirar foguetes, así que mellor será que lle prestemos máis atención ás tres R: 

REDUCIR, REUTILIZAR e RECICLAR

Así quedou a clasificación. Parabéns a Nova Zelanda!!!

luns, 10 de outubro de 2022

Video de Inauguración

Aquí tedes o video de inauguración dos Xoves Olímpicos 2022-2023. Clicádelle aí, non ten desperdicio!!!😊😊😊

venres, 7 de outubro de 2022

1ª XORNADA_Mete a bola na casiña!!!

Nesta primeira xornada xogamos a meter boliñas na súa casiña. Había que facelo "a cegas". Cousa difícil. Logo de tirar bolas e máis bolas a cousa quedou así!

mércores, 5 de outubro de 2022

Inauguración dos XOVES OLÍMPICOS 2022-2023

Comeza un novo curso e tamén unha nova tempada de XOVES OLÍMPICOS. Logo destes anos de pandemia voltamos con forza e moitas gañas de xogar.

ATENCIÓN!!! Aquí tedes os equipos deste ano. A cousa promete amig@s!!! Yupiiii!!!


xoves, 19 de marzo de 2020

Clasificación final da 2ª Tempada

Esta tempada foi un tanto especial. Houbo que suspender os Xoves Olímpicos por mor da pandemia mundial. Esta é a clasificación que tiñamos ata o momento.
Felicidades a TANZANIA!!!

xoves, 23 de xaneiro de 2020

2º Tempada de Xoves Olímpicos

Aquí tedes os novos equipos para este 2º trimestre. Mirade ben a que equipo pertencedes e... a xogar!!!

mércores, 4 de decembro de 2019

Video resumo dos Xoves Olímpicos

Xa tedes dispoñible o vídeo resumo da inauguración dos xogos, así como dos propios xogos. Bótádelle un ollo, que non ten desperdicio.
E por suposto, noraboa aos gañadores. 3º clasificado CHINA, 2º clasificado BULGARIA e o 1º....

EE.UU