Aquí tedes unha pequena sesión de fotos resumo dos xogos que fixemos este ano. Non perdades detalle!!!
https://photos.app.goo.gl/wYoReeNUQ573oJJk9
xoves, 27 de xuño de 2019
Xoves Olímpicos 2018-2019
Unha vez máis
repetimos a experiencia dos Xoves Olímpicos (enmarcados dentro do Plan
Proxecta), xa que ademáis de divertidos, consideramos que é unha actividade da
que podemos sacar moitísimos beneficios.
Durante todos
os xoves do curso e de 1º a 6º, realizamos uns xogos por equipos de tal xeito
que cada equipo contiña, aló menos, un rapaz/a de cada curso máis un mestre/a
ou conserxe. O sistema de competición foi de LIGA (todos contra todos). Os
países escollidos foron illas do mar Caribe.
mércores, 20 de xuño de 2018
FINAL DE TEMPADA
E chegamos ao final. Aprendemos xogos novos, fixemos deporte e sobre todo... PASÁMOLO XENIAL!!! Nos vos perdades este video resumo do que foron os Xoves Olímpicos 2017-2018. Ata o vindeiro ano!!
Clasificación Final do 3º Trimestre
E velaquí tedes a Clasificación Final do 3º Trimestre. Todo apuntaba a que Sheychelles ía subir ao podio, pois tiña un equipazo de luxo. Moi ben tamén por Arabia! Noraboa aos dous!!!
martes, 3 de abril de 2018
Recta final! Equipos para o 3º Trimestre
Xa chegamos a recta final dos Xoves Olímpicos! Se no outro trimestre tiñamos nomes de países raros, desta vez xa non vos digo nada. Como mola!
xoves, 8 de marzo de 2018
Clasificación Final do 2º Trimestre
Buahhh!!! Desta vez a cousa estivo moi, moi igualada. Houbo empate entre Noruega e Antigua e Barbuda. Así e todo, Noruega acadou mellores resultados nos xogos e por iso houbo que darlle o primeiro posto. Noraboa!
martes, 9 de xaneiro de 2018
Equipos para o 2º Trimestre
Xa temos os novos equipos. Nesta ocasión aproveitamos para coñecer países que non sabiamos nin que existían. Arrea!!! Éche ben grande o mundo!
xoves, 21 de decembro de 2017
Rematamos os Xogos!
E aquí temos unha montaxe fotográfica dos "Xoves Olímpicos" feita polo alumnado de 6º. Grazas Aroa, Paula, Tatiana, Carla, Mateo, Nacho, Pablo e Alejandro!!!
xoves, 14 de decembro de 2017
Clasificación Final do 1º Trimestre
E esta é a clasificación final dos XOVES OLÍMPICOS 2017-2018 do 1º Trimestre. Parece que Brasil este ano empezou con forza, e EE.UU andívolle cerca...uffff!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)







